Sufocan un incendio nunha nave de polos de Coirós

Ata o sinistro desprazouse unha dotación dos bombeiros de Betanzos

Un incendio calcinou o pasado venres parte dunha granxa de Coirós. Segundo informou Europa Press, o lume, provocado posiblemente por un curtocircuíto, propagouse con rapidez e os bombeiros de Betanzos tiveron que empregar doce mil litros de auga para sufocalo.

A nave estaba baleira e esperaba recibir ese día preto de 20 000 aves.