Emesa inicia folga para exixir o pago de nóminas

Emesa no polígono de Coirós

A plantilla de Elaborados Metálicos Emesa, pertencentes á multinacional Grupo Soil, comezará unha folga estes mércores e xoves para esixir “o abono inmediato dos seus salarios”, segundo informa a CIG.

Nun comunicado, difundido por Europa Press, a central sindical denuncia que a empresa ten pendente de pagar a todo o persoal a nómina de novembro e a paga extraordinaria de Nadal. >As débedas exténdense, no caso dos operarios de montaxe, ás horas extras dos últimos seis meses. 

O mércores os operarios concentraranse desde as 09,00 horas ante a fábrica, no parque empresarial de Coirós. Entre as demandas dos empregados da factoría, ademais do pago dos salarios pendentes está a dun plan de futuro xa que, segundo argumenta, o Grupo Soil non lles ofrece “garantías” sobre a actividade de Emesa.