Coirós traslada as súas actividades culturais ao pavillón e abre prazo de inscrición

O Concello de Coirós

O Concello de Coirós abre hoxe o prazo de inscrición nas actividades culturais e deportivas municipais para este curso 2020-2021. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal ou por internet.

Todas estas actividades ademais realizaranse agora no pavillón polideportivo municipal e organizaranse grupos dun máximo de dez persoas, para reducir riscos de contaxio do coronavirus.