Catro entidades organizan unha travesía pola ría este sábado

A ría de Betanzos. CC wikipedia

As asociacións de Amigos de los Ríos de Betanzos (ARBE), Porta da Vila, Asociación do Pedrido e Clube Náutico Ría de Betanzos organizan este sábado unha travesía náutica entre Betanzos e o Pedrido.

O roteiro arrincará ás 17.00 horas no porto de Betanzos. Calquera persoa que teña unha lancha pode participar na iniciativa, que se celebra catro días despois da festividade mariñeira do Carmen.

Quen queira participar, deberá enviar antes de mañá un correo ás entidades organizadoras para adherirse.