Un ferido tras ser arrollado polo tren en Bergondo cando conducía ebrio pola vía

Patio interior dos xulgados betanceiros, que instrúe as dilixencias

Unha persoa resultou ferida onte, sobre as cinco da madrugada, tras ser arrastrada aproximadamente medio quilómetro sobre as vías por tren que circulaba por Bergondo. O conductor do convoi ferroviario deu activado o freo, salvando a vía ao ocupante do vehículo. Ao parecer o tope da parte frontal do convoi enganchou nun lateral ao vehículo e arrastrouno ao redor de medio quilómetro polas vías, danando toda a súa carrrocería pero o habitáculo do condutor quedou menos afectado.

A consecuencia do accidente, o conductor do vehículo sufriu unha ferida na cabeza, sendo evacuado polos servizos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, aínda que non se teme pola súa vida. O equipo de atestados da Garda Civil fíxolle ao condutor, unha vez atendido polos médicos, as probas de detección de consumo de alcol e drogas e deu positivo en ambas. Tamén se fixeron as probas ao maquinista da locomotora, con resultado negativo nas dúas.

As vías non quedaron liberadas ata pasadas as dez da mañá, polos traballos de retirada do vehículo e desbloqueado do sistema de freado da locomotora.

O 112 Galicia recibiu comunicación dos equipos de seguridade de Renfe, que advertiron do impacto dunha locomotora de traballos e un coche, cunha persoa posiblemente ferida. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso aos servizos sanitarios de urxencia e aos bombeiros, que unha vez no lugar do accidente, comprobaron que a persoa está liberada e accesible, aínda que necesitaba asistencia médica debido a unha ferida que presentaba na cabeza.

Da mesma forma, indicaron que o ferido estaba en estado ebrio, o que dificultaba a súa saída do coche, e unha vez no exterior foi atendido e trasladado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a un centro hospitalario. Todas as dilixencias serán postas ao dispor do Xulgado de Betanzos.