O festival de Guísamo contará cunha homenaxe a Jacinta Landa

Festival de Guísamo. Foto de Actualidad Bergondo

Susana Seivane, Leilía e Tanxugueiras protagonizan o XX Festival Guísamo Folk de Guísamo. A cita, que terá lugar no campo da feira da localidade bergondesa este sábado 24, contará tamén coa actuación da agrupación local Quinta San Vitorio, cunha homenaxe a Jacinta Landa.

Haberá comida campestre, talleres e xogos, que darán paso aos concertos a partir das 21 h.