O concello de Bergondo pon en marcha unha campaña publicitaria para pedir precaución na “desescalada”

O concello de Bergondo anunciou a posta en marcha dunha campaña publicitaria co lema “A recuperación está nas nosas mans”, para pedir á cidadanía que extremen as precaucións durante a desescalada.”Se non queremos dar pasos cara atrás, debemos extremar as precaucións e, sobre todo, ser solidarios”, destacan desde o Goberno local, que pon o acento na “responsabilidade individual”.

A campaña pode verse xa nas redes sociais e apela á importancia de respectar as distancias de seguridade e interiorizar hábitos como o lavado frecuente de mans ou o uso de máscara. “O incumprimento dalgún destes hábitos conduciranos a unha recaída”, avisa.