O BNG bergondés propón un “xantar na casa” cociñado pola hostalaría local

O BNG de Bergondo propuxo que o concello coordine un servizo de xantares na casa coa colaboración da hostalería local. “Propuxemos ao Goberno Local unha medida para apoiar a hostalería local, un dos sectores máis afectados pola pandemia do COVID-19 que está vivindo unha situación moi complicada, dando a súa vez un novo servizo a veciñanza que o precise”, explicou o portavoz do BNG, David Carro.

“A medida basease no programa Xantar na casa, pero neste caso sería servido por hostaleiros locais que conten con cociña no seu estabelecemento, e estaría pensado tanto para persoas maiores ou dependentes como para a veciñanza en xeral que poida estar interesada”, engadiu Carro.

“O Concello tería que coordinar e promocionar a iniciativa, poñendo en contacto a hostaleiro e usuario, dando garantías as dúas partes”, indicou o portavoz nacionalista, “con isto pretendese dar un servizo a veciñanza, que recibiría no domicilio o seu xantar elaborado diariamente, pero sobre todo a xente maior que vive soa, con certo grao de dependencia, ou que non se manexe coa cociña, para que poidan comer san e variado cada día” expuxo Carro. “Ademais, garánteselle ao hostaleiro a venta dun número fixo de menús diarios cos que ter uns ingresos mínimos que lle axuden a subsistir, agora que están pechados ao público, ou mesmo cando abran novamente, xa que terán que facelo con restricións” concluíu o concelleiro nacionalista.