Novo episodio de contaminación fecal no Pedrido

Praia do Pedrido. Turgalicia

A alta concentración de bacterias fecais acaba de levar á praia do Pedrido a suspender a última analítica da Consellería de  Sanidade.

o areal veu superando, algunha vez xusto no límite, todas as probas do verán. O Pedrido rexistrou un episodio contaminante o pasado 6 de outubro que afectou ás dúas marxes da praia.

Na marxe dereita, a Xunta detectou 1.300 bacterias fecais; no esquerdo, 1.100. O máximo permitido son 1.000.

Este novo episodio de contaminación fecal no Pedrido volve poñer de manifesto as carencias do saneamento na bacía do Mandeo. O BNG propuxo unha Mesa da Ría para que todas as administracións, pósitos entidades sociais fixaran un cronograma para poñer fin a esta situación. A falta de saneamento en Paderne e as eivas da rede brigantina, con sentinazos recorrentes, lastran o turismo, o marisquei e a actividade económica na ría.