Mariñán acolle unha xornada sobre autoconsumo e mobilidade eléctrica

Pazo de Mariñán, unha atracción turística da Deputación na nosa comarca

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá no Pazo de Mariñán xunto á alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, o presidente da Conferederación de Emepresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, na inauguración das xornadas “Autoconsumo e mobilidade eléctrica”, nas que se abordaron temáticas de actualidade coma a crecente presenza do vehículo eléctrico, a mobilidade sostible ou a xeración de enerxía a través do autoconsumo fotovoltaico.

González Formoso deu a benvida ao centenar de participantes nas xornadas e destacou o enorme reto que supón para os sectores público e privado afrontar un novo modelo de mobilidade sostible e eficiente.

“A transición ecolóxica é unha gran oportunidade para a economía e o emprego, pero debe facerse con cabeza e facendo que as oportunidades queden aquí”, afirmou o presidente, que advertiu dos riscos de deslocalización que supón que existan países que incumpren todo tipo de compromisos medioambientais e laborais.

Nas xornadas actuaron como relatores Luis Gutierrez e Carlos Bergerla de Smart Mobility Iberdrola, Alejandro Sánchez, director comercial de Louzao-Mercedes Benz, Emérito Freire, director de Enerxía e Planificación do INEGA e Jesús Castro, director a Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), que explicou a aposta pola mobilidade sostible da provincia da Coruña.

O autoconsumo de enerxía eléctrica para os fogares e empresas, o vehículo eléctrico ou a transición enerxética e a súa compatibilidade co mantemento do emprego e a actividade industrial foron algúns dos asuntos abordados polos diferentes especialistas que hoxe participaron na xornada.