Lubre estrea parque infantil na súa escola unitaria

Escola infantil

O goberno local de Bergondo aproveitou as vacacións de Nadal para reformar o patio da escola infantil de Lubre e construír un parque infantil. “O obxectivo do goberno local é ampliar este tipo de actuacións de mellora e adecuación de espazos ao resto de escolas unitarias” aseguran.

Esta acción forma parte das incluídas nos Orzamentos Participativos do 2019 e está previsto continuar executando o resto das propostas proximamente.