Guísamo homenaxea ao que foi seu párroco 60 anos coa edición dun libro

A N-VI ao seu paso por Guísamo

A Sociedad Recreativa e Instructiva acolleu a presentación do libro “José García Verdía. O cura de Guísamo”, editado pola propia entidade. A obra, de Xosé Luis Mosquera Camba e Xosé María Veiga Ferreira repasa a vida do que foi párroco da localidade bergondesa por case sesenta anos, entre 1953 e 2011, cando finou.

Trátase da primeira das actividades previstas para homenaxear ao antigo crego.