Fomento traballa na redacción do proxecto de pasarela ante o CFEA

Unha concentración demandando unha pasarela ante o CFEA

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anuncioulles onte á alcaldesa de Bergondo e o seu tenente de alcalde que o Ministerio de Fomento traballa na redacción do proxecto para instalar unha pasarela fronte ao centro de formación agroforestal (CFEA) de Guísamo.

A estrutura permitiría cruzar de forma segura diante do CFEA e do antigo LIGAL, comunicando as paradas do autobús existentes a carón da N-VI en ambos sentidos de marcha. Esta obra é unha antiga demanda do alumnado e profesorado do centro, que foi apoiada polos empresarios do polígono e por todos os grupos da Corporación local de Bergondo.

Losada non comprometeu prazos, polo que a redacción do proxecto pode alongarse no tempo.