Fomento mellora o firme na N-VI entre Espírito Santo e Guísamo

Unha concentración demandando unha pasarela ante o CFEA

O Ministerio de Fomento está a executar obras de mellora da pavimentación na N-VI entre o Espírito Santo e a localidade bergondesa de Bos. Os traballos céntranse na instalación dunha nova capa de rodadura asfáltica nun treito especialmente castigado, xa que contén os accesos ao polígono de Bergondo.

Ademais, estanse repintando as sinalizacións horizontais. Os traballos conclúen nas inmediacións do cruce de Guísamo, onde está en estudo técnico a construcción dunha grande rotonda para aliviar o tramo de concentración de accidentes. Tamén está en estudo a construcción dunha pasarela sobre a vía en Bos.