Ferido un motorista nun accidente en Bergondo

Policia local de Bergondo. Imaxe de arquivo

Un motorista veciño de Bergondo resultou ferido de consideración onte ao chocar contra un camión cando circulaba pola estrada AC-164 no municipio bergondés. O accidente produciuse sobre as 9.15 horas. O ferido foi evacuado en ambulancia medicalizada. Ata o lugar acudiu unha patrulla de Tráfico, o 061 e a Policía Local e Protección Civil de Bergondo