Desestiman un recurso contra o novo contrato de mantemento dos xardíns de Mariñán

O pazo de Mariñán visto desde os xardíns

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia desestimou o segundo recurso presentado pola Asociación de Empresas de Xestión de Infraestrutura aos pregos do concurso do servizo de limpeza e mantemento dos xardíns históricos do pazo de Mariñán.

O colectivo Aseja impugnou o concurso alegando que os pregos de licitación prevían unha dotación económica insuficiente para a súa realización. O tribunal rexeita o recurso e expresa o seu respecto á discrecionalidade técnica da Deputación dado que o colectivo “non achega probas que sustenten as súas alegacións”.

Este tribunal, dependente da Xunta, desestima o recurso e levanta a suspensión do concurso a causa do mesmo. É a segunda vez que esta licitación se ve afectada por estes recursos, logo de anularse un primeiro concurso tras otra reclamación desta entidade.

O contrato ten un valor estimado de 1.077.033 euros, 274.360 ao ano, prorrogables un máximo de catro (dous deles de prórroga). Os adxudicatarios deberán encargarse de todo o relativo ao mantemento destes espectaculares xardíns, desde os labores rotineiros de limpeza e rega, ata podas, transplantes, destoconados, apeos e outras labores precisas para o mantemento do recinto.