Bergondo repinta as escolas para o inicio do curso

Concello de Bergondo

O Concello de Bergondo anunciou que está a piques de finalizar os traballos de pintado das tres aulas no colexio Cruz do Sar, que supuxeron un investimento de 36 000 euros. O obxectivo é que estean terminados para o inicio do curso.

Ademais, tamén pintou o peche perimetral e acometerña outras actuacións tanto na escola unitaria de Lubre como nas restantes.