Bergondo licita a compra dun tractor desbrozadora por cen mil euros

O goberno local de Bergondo abriu o proceso para adquirir un tractor con brazo desbrozador. O orzamento para a contrata é de cen mil euros e o prazo para presentar ofertas finaliza o próximo 26 de xaneiro, segundo recolle o prego de condicións.

Segundo o executivo local, o obxectivo desta compra é mellorar o servizo da brigada de obras, dado que un dos tractores da frota actual está obsoleto pola súa antigüidade, “o que implicaba que en ocasións soamente estivese dispoñible un destes vehículos para que os operarios levasen a cabo calquera tipo de traballo”, explican desde o Concello nun comunicado.