Bergondo dá por concluída a reconstrucción do cruceiro de Obra de Paño

O cruceiro de Obra de Paño

O goberno local de Bergondo deu onte por concluídos os traballos de reconstrucción e reposición, na súa localización orixinal, do cruceiro de Obra de Paño, que fora derrubado pola saída de vía dun turismo en decembro de 2018. O percance que fixo que a talla quedara partida en varios anacos.

“Aínda está pendente de reparar a base do cruceiro e a aplicación dun tratamento biocida protector, accións que se levarán a cabo en canto o tempo o permita” asegura o bipartito PSOE-Alternativa nun comunicado en redes sociais. O goberno destaca que a actuación “serviu para recuperar coa maior fidelidade e preservación histórica posible este Ben de Interese Cultural de importante valor que se estima que pode datar do século XVIII”.