Bergondo conclúe a reparación da pasarela de Fiobre

Praia do Pedrido. Turgalicia

O goberno local de Bergondo deu por rematadas as obras de amaño da pasarela peonil de Fiobre, que salva a AC-164 que une San Cidre co cruce de Insua, atravesando a ría polo Pedrido.

Nos traballos de reacondicionamento da pasarela o concello investiu 15.838 euros.