A Senra acolle unha charla sobre enfermidades reumáticas

O edificio da Senra

O auditorio bergondés da Senra acolle esta tarde unha charla sobre doenzas reumáticas. Será impartida polo reumatólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, Genaro Graña.

Comezará ás sete do serán e está incluída na campaña galega de información e prevención das enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas. Conta coa colaboración do Concello e a Deputación.