A Senra acolle a representación de “Bernarda (Vilalba 1975)” este sábado

O edificio da Senra acollerá parte das actividades

O vindeiro sábado, 14 de novembro, representarase no auditorio da Senra, en Bergondo, a obra “Bernarda (Vilalba 1975)”. A representación corre a cargo de Malasombra Producións, que ven de gañar catro premios nos María Casares.

Comezará ás 20.00 horas e exíxese inscrición previa e cumprimento da normativa de seguridade epidemiolóxica (máscara obrigatoria, distancia de seguridade, limpeza de mans ao acceder ao recinto).