Bergondo, Miño, Carral e Abegondo compartirán tesourería

Bergondo, Miño, Carral e Abegondo compartirán o servizo de tesourería municipal. Bergondo e Miño aprobarán hoxe en pleno agrupar o servizo de tesourería e Abegondo e Carral terán que aprobar como paso previo unha modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT).

A actual normativa obrigta a que os concellos teñan funcionarios de habilitación estatal neste posto, polo que os catro municipios acordaron crear un servizo conxunto tras manter un encontro coa directora xeral de Administración Local. Estes municipios teñen delegada a xestión da recadación na Deputación e consideran que o labor de tesourería local require só dunha xornada de traballo semanal para dar resposta a todas as necesidades dos seus respectivos concellos.