Desmantelan unha destilería sen licenza en Aranga

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

A Garda Civil incautouse de máis de 150 litros de augardente, catro alambiques e varios centos de precintos de colleiteiro en Aranga, tras realizar inspeccións sobre a venda de bebidas destiladas en Betanzos, Aranga, Irixoa e As Pontes. Unha vez identificadas as botellas, seguiron a pista ata unha nave industrial de Aranga, que tivera licenza para destilar en réxime de colleiteiro, mais que non está vixente na actualidade.

Na inspección do recinto atoparon alambiques e outros útiles para o proceso de destilado, así como produtos rematados á espera de distribución. Tras incautar os útiles e os produtos, púxose todo a disposición das autoridades.