AESGAL amplía a súa rede de influencia cun novo punto de asesoramento na Coruña

A oficina da AESGAL

A defensa e a representación dos intereses das sociedades laborais galegas son os principais piares nos que se apoia o traballo que a AESGAL (Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia) vén realizando desde hai unha década. Un labor para o que a divulgación desta fórmula mercantil, na que as persoas son o máis importante, resulta fundamental.

Co obxectivo de atender as necesidades informativas e formativas das sociedades laborais, das entidades e persoas vinculadas á economía social e, en definitiva, do colectivo emprendedor, a AESGAL acaba de abrir un novo punto de asesoramento que está situado no centro Accede Papagaio da Coruña.

Con esta iniciativa a asociación busca reforzar a súa implantación territorial, así como tamén achegar á cidadanía da cidade herculina e da súa contorna un modelo de facer empresa baseado na participación, a transparencia, a responsabilidade e a sustentabilidade.

A AESGAL dará resposta a todas as dúbidas xeradas arredor da constitución, funcionamento e/ou consolidación dunha sociedade laboral, e dará a coñecer todos os recursos que pon ao seu servizo.

As consultas atenderanse todos os mércores, ata finais do mes de xullo, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas. As citas deberanse concertar con antelación enviando un correo electrónico