Aberto o prazo para que as compañías e centros educativos poidan inscribirse no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación

Teatro de títeres

Na web do IES Calvo Sotelo a sección dedicada ao certame de teatro está toda a información relativa a esta nova edición, na que se atopan as bases para coñecer os requisitos de participación no certame teatral e condicións deste, rider técnico, plano de escenario, modelos oficiais de autorizacións de imaxe, así como, a ligazón ao formulario en liña de inscrición.

Unha vez finalizado o período de inscricións, concretaranse cas compañías e centros educativos as datas e horarios asignados para poder deseñar e publicar o antes posible o calendario de actuacións. Así mesmo, fixarase unha data para a reunión cos representantes das diferentes compañías e centros educativos participantes para antes do comezo do certame.

As obras distribuiranse nas categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior; representaranse nas instalacións do IES Calvo Sotelo (A Coruña) durante os meses de abril, maio e xuño. A gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o día 26 de xuño.