Solicitan catalogación para un carballo de Limiñón

Igrexa de San Martiño de Tiobre cun carballo en primeiro termo. Turgalicia

O Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, que ten aberto a Consellería de Medio Rural, podería ampliarse cun carballo que medra na parroquia abegondesa de Limiñón. Unha particular solicitou que o carballo que medra no lugar de Carreira figure entre os exemplares que a Xunta ten Catálogo de Árbores Senlleiras, inclusión que onte someteu a información pública.

O exemplar abegondés presenta como dimensións principais 24 metros de altura e 3,5 metros de perímetro normal.

Poden solicitar a catalogación aquelas persoas propietarias das árbores ou formacións, outras administracións públicas, centros de investigación ou asociacións de entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza, mediante a presentación do correspondente modelo de solicitude acompañado dunha memoria xustificativa e de toda a información adicional da súa condición de senlleira.