O Xuventude de Crendes ascende a Primeira Autonómica

Xogadores do Xuventude de Crendes. Imaxe do facebook da entidade.

Marchaba primeiro na táboa na súa primeira campaña en Segunda Autonómica cando a pandemia freou a competición, deixando ao Xuventude de Crendes clavado ao primeiro posto. Onte, a Real Federación Galega de Fútbol deu por concluídas definitivamente as competicións desta tempada, clausurando as competicións e anunciando campionatos, ascensos e demais circunstancias da competición.

E o Xuventude de Crendes, primeiro, ocupaba un posto de ascenso directo que onte se fixo realidade. O clube abegondés asegura que “non sería posible de non ser pola nosa gran aficción”, á par que agradece o esforzo do grupo de xogadores e corpo técnico. Toca xa preparar outro reto.