O PP asegura que manterá a liña de autobus entre Vila de Cruces e A Coruña, como viña reclamando o BNG

Un autobús circulando

O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado asegurou que a conexión de autobús entre A Coruña e Vila de Cruces, co percorrido que estaba establecido ata agora, estará operativo ata próximo mes de xaneiro, momento no que entrarán en servizo os novos contratos do Plan de Transporte Público de Galicia.

“A partir de aí, non só seguirase mantendo a conexión entre Vila de Cruces e A Coruña, se non que esta se verá mellorada, tanto en frecuencias como en tempos de percorrido”, afirmou. A liña atravesa os municipios de Mesía, Arzúa, Boimorto, Abegondo, Carral, Cambre e Culleredo. O BNG puxera en marcha unha campaña de captación de firmas para reclamar que se manteña a liña de autobús entre as dúas localidades.