O Concello de Abegondo estrea esta fin de semana a súa nova oferta de actividades ao aire libre en Beche

Encoro de Beche (Abegondo)

O Concello de Abegondo estrea esta fin de semana a súa nova oferta de actividades ao aire libre no parque fluvial de Beche. Co fin de incrementar as opcións seguras e aproveitar a contorna, os veciños poderán acceder a estes servizos os sábados e domingos en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Os usuarios poderán gozar en Beche polas tardes de bicicletas, kaiaks, raquetas de bádminton, e petanca. O préstamo será gratuíto e sen inscrición previa. Ademais, xa abriu abriu a piscina municipal e a aula Lúdica, ambas as con medidas de prevención sanitaria.