Naturgy anuncia un corte de luz en Abegondo o 26 de 8 a 20 h

Naturgy, a antiga Fenosa, anunciou un corte no subministro eléctrico para o vindeiro día 26, luns, entre as 8.30 e as 20.00 horas. Ven motivado por “traballos de mantemento da rede eléctrica, precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona”.

Segundo o Concello, a eléctrica explica que o corte afectará aos lugares do Franco, números 1, 4, e do 6 ao 9; San Bartolomé, do número 8 ao 12, 9002, 9004, 9010, 9065 e 9066; e ao número uno de Nogueiras.