Excarceran ao condutor dun camión cisterna de propano en Abegondo

Un camión envorcado nunha saída de vía. Imaxe de arquivo

Un camión cisterna para propano, baleiro, perdeu o control e envorcou na estrada que une Abegondo e Vizoño o pasado sábado. O conductor tivo que ser excarcerado polos polos bombeiros de Betanzos e foi evacuado en ambulancia ata o hospital da Coruña. O suceso, segundo o 112, tivo lugar pouco antes das dúas e media da tarde, cando unha persoa solicitou axuda para un camioneiro atrapado no interior do vehículo tras sufrir unha saída de vía.

Os equipos de intervención que acudiron ao lugar verificaron a ausencia de perigo por un eventual vertido de propano e mobilizaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes e Betanzos, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de protección civil de Abegondo.