Aparece o corpo dun octoxenario no encoro de Abegondo

Encoro de Abegondo

O corpo sen vida dun home duns 70 anos foi recuperado da auga no encoro de Abegondo, segundo informou onte a mediodía o 112.

Unha persoa deu aviso, en torno ás 11 da mañá, á central de emerxencias de Galicia. Foron os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Cambre quen rescataron o corpo sen vida da auga.

O servizo de emerxencias 112 Galicia sinala en twitter que as autoridades investigan as circunstancias deste suceso. Ao lugar acudiron ademais profesionais de servizos sanitarios e efectivos da Policía Local de Cambre e da Garda Civil.

O Instituto Armado investiga as causas da morte deste octoxenario, veciño de Cambre. Aparentemente semella que o óbito debeuse a causas naturais, se ben será o forense quen o determine.