Alerta en Beche pola saturación de cianobacterias

Encoro de Beche (Abegondo)

O encoro de Beche, que surte de auga potable a Abegondo, está en alerta pola elevada concentración de cianobacterias que persiste desde o pasado mes de abril. Estes microorganismos están asociados a algas que poden resultar tóxicas.

A frecuente presenza destas bacterias obriga a aplicar un protocolo da Xunta, que inclúe controis:. Nas últimas analíticas non se  detectou a presenza destas algas que poderían resultar contaminantes.

O Concello asegura que as cianobacterias non entrañan problemas nin riscos en si mesmas e que nunca chegaron a producir no encoro de Beche as toxinas que si resultarían contaminantes e obrigarían a adoptar medidas. As algas que sitúan ao encoro en alerta pola súa elevada concentración acumúlanse en períodos de estancamento das augas.

O Concello explica que a contaminación se produce nos casos en que estas algas chegan a producir toxinas, pero garante que nunca se alcanzou este punto no encoro de Beche. De chegarse a este nivel, deberían adoptarse medidas para garantir a salubridade da auga.

A activación da alerta que a Xunta mantén para Beche data do pasado mes de abril. As últimas análises deste martes detectaron niveis normais de bacterias.

O encoro de Beche surte de auga aos domicilios de Abegondo, pero tamén acolle unha área recreativa na que o executivo de Santiso Miramontes organiza frecuentes actividades.