Abegondo publica o plan especial para ampliar o tanatorio de San Tirso

O Concello de Abegondo

O DOG de onte publicou a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para permitir a ampliación de Tanatorio Golpe, en San Tirso de Mabegondo.

O tanatorio ocupa unha parcela de solo rústico. O plan sométese a información pública durante un prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), de onte.

Ademais, o documento pode consultarse no Concello abegondés.