Abegondo presenta a súa oferta de obradoiros para este curso

O Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo presentou a súa oferta de actividades para o vindeiro curso 2019-2020. En total son máis dun centenar de actividades entre as escolas deportivas e a programación cultural, para todas as idades.

Nas novidades, spinning para adultos e montañismo, para nenos e para adultos, pero tamén fútbol, ximnasia rítmica, ballet, patinaxe ou judo.  como para adultos. Mantéñense a oferta en zumba, ioga, crossfit ou pilates así como ximnasia de mantemento e ioga en centros sociais.

Entre as actividades englobadas baixo o rótulo de “cultura” ofértanse costura, ganchillo, pintura, bricolaxe. obradoiros de curtametraxes, escultura, fotografía ou cociña. O programa inclúe tamén reforzos en logopedia, un taller específico para nenos con trastorno de atención e clases para adquirir técnicas de estudo.

Os alumnos de San Marcos e de Viós poderán tamén participar en talleres de hortos escolares. Seguirá a aula de idiomas, as clases de teatro e a escola de música.