Abegondo organiza un curso de enxertado de froiteiras

Aula da Natureza de Crendes

Abegondo organiza obradoiro práctico sobre enxertos en árbores froiteiras. A xornada terá lugar entre o 26 e o 29 de agosto na aula da Natureza en horario de 19.15 a 21.30 horas.

A actividade conta cun total de 25 prazas dispoñibles. O custo da actividade é de 25 euros por persoa, informa o Concello.

As persoas interesadas deberán formalizar as súas inscricións a través dunha chamada ao número teléfono 686 352 866.