Abegondo contrata a reconstrucción do centro social de Orto

O Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo acaba de adxudicar a reforma do centro social de Orto. A actuación pretende solventar problemas de fendas e de inclinación do inmoble a través da demolición parcial e construcción dun novo soportal, aseos, portas e xanelas ademais das instalacións interiores.

Segundo informa o executivo local, os traballos comezarán “de inmediato”. Contan, para isto, co financiamento da Xunta, que aporta boa parte dos 39 060 euros que custará a reforma.