A disposición xudicial por ter 350 plantas de marihuana en Limiñón

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

Axentes da Garda Civil do posto de Abegondo e integrantes da Unidade de Seguridade Cidadá ( Usecic) da Comandancia da Garda Civil da Coruña puxeron a disposición do xulgado de Betanzos ao propietario de 350 plantas de marihuana atopados nunha vivenda de Limiñón, Abegondo. No transcurso das operacións foron detidas dúas persoas e investigada outra como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, tras intervir 350 plantas de marihuana nunha vivenda na parroquia abegondesa de Limiñón.

Unha inspección tras unha denuncia por roubos na zona levantou a plantación, incautándose os axentes dos armarios, básculas de precisión e sistema de ventilación instalados. Tras o descubrimento, o Instituto Armado procedeu á detención do propietario da vivenda e da súa parella como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, así como á investigación do pai do primeiro polos mesmos feitos.