A Consellería de Mobilidade traspasou ao Concello de Abegondo a titularidade da senda executada na estrada AC-542

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traspasou ao Concello de Abegondo o dominio público da senda executada na estrada AC-542, ao seu paso por Nogueiras. A Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) o cambio de titularidade a favor do Concello.

A Xunta e o Concello de Abegondo asinaron en xaneiro deste ano un convenio polo que o departamento de Infraestruturas comprometíase a executar a senda e o Concello, a asumir a titularidade do dominio público viario no treito onde se acometería a actuación.

“Esta fórmula de colaboración permitiu a execución da senda sen necesidade de acudir a un procedemento expropiatorio, de modo que a actuación realizouse parcialmente en dominio público e noutra parte en terreos cedidos por particulares e xestionados polo Concello de Abegondo”, sinala a Xunta, que propón esta fórmula a Cambre para construír as beirarrúas da Xira