Abegondo en risco extremo e coa peor situación epidemiolóxica da comarca

O comité clínico volve reunirse este martes e sobre a mesa estarán, probablemente, máis restricións e medidas para tentar deter o avance implacable do covid. Na área sanitaria da Coruña e Cee xa se exceden os 2.000 casos activos e no Chuac prevén que se poderán rozar os 3.000 a finais da próxima semana. A incidencia acumulada segue crecendo na maioría de concellos da comarca, e xa son 11 os que están en nivel de risco extremo (máis de 250 casos por 100.000 habitantes).

En nivel de risco extremo atópase Abegondo (333,4 casos por 100.000 habitantes), Curtis (271 casos por 100.000 habitantes), Oza-Cesuras (314 casos por 100.000 habitantes), Mesía (entre 1 e 9 novos positivos nos últimos 14 días) e Sobrado dos Monxes (entre 1 e 9 novos positivos nos últimos 14 días). Sen embargo, Bergondo, Betanzos, Coirós ou Paderne teñen unha incidencia de entre 5o e 150 casos por cada 100.000 habitantes e un risco alto. Miño está entre os 25 e 50 casos por cada 100.000 habitantes e Irixoa por debaixo dos 25, coa mellor situación da comarca neste momento.