A Xunta resolve someter ao informe de impacto ambiental a planta de residuos que tramita Celso Núñez na Obra de Paño

Parcela onde se proxecta a planta de residuos. Imaxe La Opinión A Coruña.

A Consellería de Medio Ambiente emitiu o informe previo ao impacto ambiental estratéxico do proxecto que tramita Celso Núñez SL para a construír unha planta de residuos na parroquia bergondesa de Lubre, concretamente na Obra de Paño. A Xunta resolveu someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental polos seus “previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente”.

Como xa informou este diario, a sociedade promove a construción dunha planta de almacenamento, valorización e eliminación de residuos industriais non perigosos nunha parcela de 22.840 metros cadrados de chan rústico. O promotor destacaba no seu proxecto que se trataba dun ámbito ocupado por matogueiras que carecía de interese paisaxístico. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental nin o Concello de Bergondo, que presentou un informe no que advertía de que o enclave no que a empresa prevé levantar a nave está recollida no Plan do Litoral como un corredor ecolóxico, comparten esta valoración.

O Concello alertaba tamén do previsible impacto acústico desta actividade nun enclave no que hai vivendas e destacaba que o ámbito non dispoñía de redes de sumidoiros operativas para realizar as conexións previstas. A Xunta apoia as súas alegacións, cuestiona a localización proposta que, advirte, ocasionaría un “impacto paisaxístico significativo e alerta ademais do impacto acústico e do risco de verteduras ao río Maior.