A Xunta anuncia a construción dun complexo deportivo en Miño a trinta días das eleccións

O goberno local de Miño nun Pleno

O goberno local de Miño nun Pleno

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, asinaron onte un convenio para a construción de instalacións deportivas e dun parque na Regueira. En total, seránm 480 000 euros de investimento repartidos en dúas anualidades queda, polo tanto, supeditado a que non haxa mudanza de inquilino no complexo residencial presidencial de Monte Pío.

O proxecto presentado onte comprende a construción dunha pista para correr, unha de tenis, dúas de pádel descubertas e a pechadura perimetral da zona deportiva, así como o alumeado das instalacións deportivas e a construción de gradas, dun parque infantil e axardinamento da zona.