A Xunta abre un novo expediente polo incumprimento das visitas a Meirás

Ocupación simbolica de Meirás hai un ano

A Xunta, a través da Consellería de Cultura, viuse obrigada a abrir un novo expediente para investigar a xestión das visitas ao pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural en 2011. A concelleira de turismo sadense, a nacionalista Laura Rodríguez, denunciara hai unha semana que os Franco estaban a incumprir novamente o réxime de visitas do BIC, que por lei ten que estar aberto 4 días ao mes.

Non é a primeira vez que os Franco poñen trabas para visitar o pazo, que actualmente xestiona a Fundación Nacional Francisco Franco. No 2017 a Xunta acabara por sancionar con 4500 euros á anterior propietaria do inmoble, a filla do dictador, Carmen Franco, por incumprir o réxime de visitas se ben a súa morte impediu que se cobrase a sanción.

O goberno sadense aseguraba que ten recibido numerosas queixas pola imposibilidade de reservar cita para visitar a que fora residencia da Pardo Bazán. Segundo explica a edila de turismo, o teléfono para efectuar as reservas está inoperativo ou remite a unha caixa de correos de voz que está chea, polo que é imposible solicitar a visita.

O famoso xa asalto ás torres de Meirás hai dous anos en demanda da súa devolución ao patrimonio público produciuse tamén nun día no que as torres estaban abertas ao público. Os Franco denunciaron aos 19 de Meirás por asaltar a propiedade cando estaba formalmente aberta e o xuízo aínda colea.