A UNED senior da Coruña visitou o Museo de Belas Artes coruñés

Alumnado da Uned Senior na Pablo Picasso

O Museo de Belas Artes da Coruña posúe unha importante colección de obras pertencentes a un dos máis grandes artistas galegos, representante das vangardas históricas do século XX e figura indiscutible do sentir cultural e político do exilio e a emigración galega en Buenos Aires e América, o polifacético pintor Luís Seoane.

Ante a especial relevancia desta colección, e coincidindo co feito de que este ano a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou o Día das Artes Galegas á figura de Luís Seoane, o Museo quere dedicar unha gran exposición á vida e obra do citado autor, poñendo un especial acento na persoa de Maruxa Seoane, como promotora do importante legado.

Así, partindo das obras que integran a citada colección, onde se representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos, o discurso expositivo pretende facer un achegamento á obra do pintor, desde principios dos 50 ata pouco antes do seu falecemento en 1979, ao longo de catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico:

A muller galega, tanto na súa vertente de traballadora -desenvolvendo labores do campo ou a pesca-, como a emblemática, símbolo dunha Galicia mítica ou popular. A natureza e a paisaxe, visións panteístas do campo e do mar galegos tan estrañados desde o exilio.

A guerra e a denuncia social, temática nada da súa visión pedagóxica e a súa postura de compromiso socio-político.
Mitos, tradicións e lendas, con referencias a fantasías e contos populares, á simboloxía dos petróglifos, á arte celta e a unha Galicia medieval, temas todos eles que falan da existencia dun pasado cultural e unha iconografía propia.
.
A MULLER GALEGA
Nos seus óleos podemos intuír a importancia da figura feminina como tema. Mujeres de diferentes ámbitos e condicións sociais, xente anónima, situadas nunha posición frontal moi acusada. Tamén realizou cadros de mulleres interactuando en grupos, como observamos en Diálogo e alborozo (1970)

Referencias mitolóxicas como en Tres soles de Galicia (1967), e tamén figuras alegóricas como a Mater gallaecia (1961), que representa a terra nai que acolle aos seus fillos galegos, homenaxeada desde o exilio por Seoane. O polbo como animal representativo e o mar coruñés do Orzan (Mar e rocas, 1976) como paisaxe icónico tamén forman parte desta referencia a Galicia, indispensable para entender ao figura do Seoane artista e intelectual.

O aspecto social é outra das características máis destacadas na pintura de Seoane. Neste sentido, destacamos A emigrante (1967) como unha das obras máis importantes do artista, a través da cal denuncia o problema do analfabetismo e da emigración en masa de Galicia baixo o xugo do atraso e da opresión franquista.

Seoane foi un mestre na técnica de gravado, experimentando con numerosas técnicas de estampa. O museo posúe algúns exemplos deste legado, xilografías e serigrafías nas que a temática tamén é moi variada, desde iconas como o polbo, ata o mundo do circo. Por último, destacamos o seu importante traballo no ámbito das artes gráficas, xa que durante a súa vida Seoane ilustrou unha gran cantidade de libros que formaban parte dos seus proxectos editoriais.