A Reserva de Biosfera lanza unha formación online para favorecer a seguridade na manipulación de alimentos

A Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo lanza unha formación online para os produtores e responsables de restaurantes do territorio dirixida a favorecer a seguridade na súa actividade. O obxectivo é que poidan introducir técnicas de manipulación de alimentos nos seus procesos continuados.

Serán dúas formacións: unha destinada a produtores e transformadores alimentarios e a outra, dirixida aos responsables de establecementos de hostalería e persoal de cociña. En ambos os casos comezarán o 11 de maio e contarán con 10 horas de duración, das que 5 serán titorías personalizadas.

A iniciativa busca capacitar na correcta manipulación dos alimentos para evitar as contaminacións por Covid-19. Para apuntarse será necesario enviar un correo electrónico a info@marinasbetanzos.gal. Hai 25 prazas dispoñibles por curso.