A reserva da biosfera presenta un roteiro en kaiak polo Mandeo

O presidente da reserva e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso e a alcaldesa de Bergondo Alejandra Pérez

Onte pola mañá tivo lugar no Porto de Betanzos a presentación do novo produto turístico impulsado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: o descenso en kaiak polo Mandeo. Alí se deron cita o presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso; a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez; o concelleiro de Turismo do Concello de Betanzos, Pablo Beade; o concelleiro de Turismo de Miño, José Manuel Pantín, e varios representantes da empresa Marmar Outdoor, que é a que realiza o roteiro.

Trátase dunha nova actividade de ecoturismo ca fin de poñer en valor toda a contorna da Reserva de Biosfera, ademais de fomentar a colaboración entre o sector privado e os principais axentes da zona. Discorre a través de 12 quilómetros pola parte alta do Concello de Paderne, xunto ao río Mandeo.