A Reserva da Biosfera prepara un selo para restaurantes “sustentables”

Mercado no Campo

A Reserva da Biosfera contará este ano con restaurantes sustentables, tras formar ao longo destes últimos meses unha vintena de responsables de establecementos nos 17 municipios adscritos á mesma.

Será a finais do presente ano previsiblemente cando a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo dispoña dos primeiros restaurantes sustentables. Os locais dispoñerán dunha certificación e do distintivo de calidade turística do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos.

Os establecementos deberán primar na súa actividade a calidade e a profesionalización, a utilización de produtos locais e de tempada das Mariñas e aplicar criterios de mellora da xestión ambiental nas súas instalacións.

Os participantes no programa comprométense, ademais, a ofertar os “Menús da Biosfera”, elaborados con materias prima de produtores agroalimentarios certificados coa marca da Reserva da Biosfera. Para participar nesta iniciativa calquera establecemento pode solicitar a súa inclusión dirixíndose aos responsables do proxecto.