A Reserva convoca un concurso de video receitas

O pincho vencedor na última convocatoria da Semana do Pincho de Betanzos. Foto de Arume para o Concello

A Reserva da Biosfera convocou un concurso de videoreceitas con produtos producidos no seu territorio. Baixo o cancelo #AMiñaReceitaDaBiosfera, todas as persoas interesadas poden subir o seu video, de entre 45 segundos e 3 minutos de duración, nas redes sociais Facebook, Twitter ou Instagram (de xeito público) con HT #AMiñaReceitaDaBiosfera antes do 29/10/2020.

As bases establecen a obriga de empregar como mínimo mínimo 3 produtos da Guía Agroalimentaria da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Os concursantes deben ser maiores de 16 anos e residentes legais no estado español, dispór de perfil persoal de Facebook, unha conta en Twitter ou en Instagram.

Recoméndase seguir as redes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) que se indican nestas bases para estar informados do premio e do resultado final do concurso e levar a cabo as accións que se indican no apartado “mecánica do concurso” destas estas bases.

O xurado estará composto por 3 cociñeiras de restaurantes coa certificación de marca de calidade Reserva da Biosfera MCeTM. Serán eleas quen determine o resultado do concurso que contará cun máximo de tres vídeos gañadores outorgándose 3 premios en forma de cestas de produtos da Reserva da Biosfera MCeTM. O valor total das tres cestas será de 345€. As cestas conformaranse repartindo ese importe tendo presente que o primeiro premio deberá ter máis valor que o segundo e o segundo máis ca o terceiro.

Sempre que as condicións sanitarias o permitan, os premios entregaranse nun acto público ao que deberán acudir as persoas gañadoras.