A N-VI ao seu paso por Betanzos, entre os peores 20 tramos da rede estatal de estradas

Andaina pola N-VI en demanda de seguridade no cruce de Queirís. BNG

O Real Club del Automóvil de España (RACE) teno claro: a N-VI entre A Angustia e Ois é un dos peores 20 tramos da rede estatal de estradas que se poden atopar ao volante. Así o deita no seu informe anual  sobre a rede estatal de estradas, EuroRAP2020. E a pesar de que xa viña figurando nesta listaxe, o goberno de PSOE e Podemos non admitiu as emendas do BNG para mellorar a seguridade rodoviaria do tramo o pasado mes de decembro.

Concretamente, o treito comprendido entre a saída da Angustia e o límite de Ois, entre os quilómetros 575,3 e 563 da N-VI, é o 17 peor treito de estrada nacional de toda a rede estatal. O combinado neste tramo comprende as perigodas curvas da Angustia e o cruce de Queirís, un perigoso cruzamento que está pendente dunha reforma do Ministerio de Transportes, e que suma catro accidentes graves desde 2017.